A Universidade de Vigo (UVigo) xunto coa Asociación de Jóvenes empresarios de Pontevedra (AJE Pontevedra) no marco da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia, organiza o CONCURSO DE IDEAS “CREA ECONOMÍA SOCIAL 2021”, coa finalidade de fomentar e incentivar a cultura emprendedora nas áreas del CAMPUS CREA:

Artes, comunicación e creatividade

Educación, innovación social e xestión pública

Deporte, saúde e benestar

Medio ambiente e natureza

Estas son áreas de estudo de gran índole social e asociadas a sectores tradicionalmente moi vinculados coa xeración de autoemprego.

obxectivos

modalidades do concurso

01

Mellor idea de negocio en artes, comunicación e creatividade

02

Mellor idea de negocio en educación, innovación social e xestión pública

03

Mellor idea de negocio en deporte, saúde e benestar

04

Mellor idea de negocio en medio ambiente e natureza

participantes

Poden participar no CONCURSO DE IDEAS CREA ECONOMÍA SOCIAL 2021 calquera persoa ou grupo que teña unha idea de empresa de economía social para a súa implantación na Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto, o concurso esta deseñado para a participación de:

As ideas de negocio presentaranse segundo o modelo que podedes descargar no formulario de candidatura e será enviadas por correo electrónico a: contacta@creaeconomiasocial.com antes do 13 de outubro de 2021 ás 14.00 horas.

máis información

Pódese atopar mais información en

Universidade de Vigo

Aje Pontevedra

Outorgaranse os seguintes premios en cada unha das modalidade do CONCURSO DE IDEAS CREA ECONOMÍA SOCIAL 2021:

–  PREMIO Á MELLOR IDEA EN CADA UNHA DAS CATEGORÍAS:

Concederase un PREMIO DE 250 EUROS en cada unha das categorías á persoa ou persoas integrantes do grupo cuxa idea sexa a mais valorada polo xurado na categoría correspondente.

–  ACCÉSIT EN CADA UNHA DAS CATEGORÍAS:

Concederase un accésit á idea que recibiu a segunda maior puntuación en cada unha das categorías que consistirá en:

COTA DE BALDE NA ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA DURANTE 12 MESES

Isto convela que durante este período, as persoas integrantes de cada un dos grupos agraciados con este accésit terán a posibilidade de beneficiarse de todos os servizos que ofrece AJE aos seus asociados:

•    Apoio e asesoramento para a creación de empresas

•    Networking en eventos e actividades organizadas que redunde no beneficio da cidade

•    Seminarios e cursos de formación

•    Acceso a espazos de exposición, espazos comúns de traballo, etc.

•    Publicidade en páxina web e redes sociais

•    Acceso a convenios de aforro con diversas entidades. 

•    Información constante sobre eventos, premios e programa de emprendemento.

O uso dos espazos dependerán da dispoñibilidade no momento en que o soliciten á asociación.

Por decisión do xurado, o premio e/ou o accésit poden declararse desertos si as ideas de negocio non logran un determinado nivel de calidade e orixinalidade a xuízo do xurado. O fallo do xurado será inapelable e coñecerase o 20 de outubro do 2021. A comunicación dos resultados farase directamente, por teléfono ou correo electrónico, ao representante de cada proxecto.

descarga o formulario de candidatura

Indica o teu correo electrónico para poder descargar o formulario.