As ideas de negocio presentaranse segundo o modelo que podedes descargar no botón “formulario de candidatura” e envíalas por correo electrónico a: contacta@creaeconomiasocial.com antes do
21 de xuño de 2022 ás 23.59 horas.
A Universidade de Vigo (UVigo) xunto coa Asociación de Jóvenes empresarios de Pontevedra (AJE Pontevedra) no marco da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia, organiza o CONCURSO DE IDEAS “CREA ECONOMÍA SOCIAL 2022”, coa finalidade de fomentar e incentivar a cultura emprendedora nas áreas del CAMPUS CREA:
Artes, comunicación e creatividade
Educación, innovación social e xestión pública
Deporte, saúde e benestar
Medio ambiente e natureza
Estas son áreas de estudo de gran índole social e asociadas a sectores tradicionalmente moi vinculados coa xeración de autoemprego.
Mellor idea de negocio en artes, comunicación e creatividade
Mellor idea de negocio en educación, innovación social e xestión pública
Mellor idea de negocio en deporte, saúde e benestar
Mellor idea de negocio en medio ambiente e natureza
Poden participar calquera persoa ou grupo que teña unha idea de empresa de economía social para a súa implantación na Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto, o concurso esta deseñado para a participación de:
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.
Financia:
Organizan:
Outorgaranse os seguintes premios en cada unha das modalidade do CONCURSO DE IDEAS CREA ECONOMÍA SOCIAL 2022:
Concederase un PREMIO DE 250 EUROS en cada unha das categorías á persoa ou persoas integrantes do grupo cuxa idea sexa a mais valorada polo xurado na categoría correspondente.
Concederase un accésit á idea que recibiu a segunda maior puntuación en cada unha das categorías que consistirá en:
Isto convela que durante este período, as persoas integrantes de cada un dos grupos agraciados con este accésit terán a posibilidade de beneficiarse de todos os servizos que ofrece AJE aos seus asociados:
Apoio e asesoramento para a creación de empresas
Networking en eventos e actividades organizadas que redunde no beneficio da cidade
Seminarios e cursos de formación
Acceso a espazos de exposición, espazos comúns de traballo, etc.
Publicidade en páxina web e redes sociais
Acceso a convenios de aforro con diversas entidades.
Información constante sobre eventos, premios e programa de emprendemento.
O uso dos espazos dependerán da dispoñibilidade no momento en que o soliciten á asociación.
Por decisión do xurado, o premio e/ou o accésit poden declararse desertos si as ideas de negocio non logran un determinado nivel de calidade e orixinalidade a xuízo do xurado. O fallo do xurado será inapelable e coñecerase o 27 de xuño do 2022. A comunicación dos resultados farase directamente, por teléfono ou correo electrónico, ao representante de cada proxecto.
Outorgaranse os seguintes premios en cada unha das modalidade do CONCURSO DE IDEAS CREA ECONOMÍA SOCIAL 2021:
– PREMIO Á MELLOR IDEA EN CADA UNHA DAS CATEGORÍAS:
Concederase un PREMIO DE 250 EUROS en cada unha das categorías á persoa ou persoas integrantes do grupo cuxa idea sexa a mais valorada polo xurado na categoría correspondente.
– ACCÉSIT EN CADA UNHA DAS CATEGORÍAS:
Concederase un accésit á idea que recibiu a segunda maior puntuación en cada unha das categorías que consistirá en:
COTA DE BALDE NA ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA DURANTE 12 MESES
Isto convela que durante este período, as persoas integrantes de cada un dos grupos agraciados con este accésit terán a posibilidade de beneficiarse de todos os servizos que ofrece AJE aos seus asociados:
• Apoio e asesoramento para a creación de empresas
• Networking en eventos e actividades organizadas que redunde no beneficio da cidade
• Seminarios e cursos de formación
• Acceso a espazos de exposición, espazos comúns de traballo, etc.
• Publicidade en páxina web e redes sociais
• Acceso a convenios de aforro con diversas entidades.
• Información constante sobre eventos, premios e programa de emprendemento.
O uso dos espazos dependerán da dispoñibilidade no momento en que o soliciten á asociación.
Por decisión do xurado, o premio e/ou o accésit poden declararse desertos si as ideas de negocio non logran un determinado nivel de calidade e orixinalidade a xuízo do xurado. O fallo do xurado será inapelable e coñecerase o 20 de outubro do 2021. A comunicación dos resultados farase directamente, por teléfono ou correo electrónico, ao representante de cada proxecto.